Ata o 11 de marzo está aberto o prazo para presentar proxectos a Galiciencia

LA Voz OURENSE

OURENSE

cedida

A feira científica, que se celebrará na Tecnópole do 8 ao 10 de maio, centrarase este ano na saúde e os bos hábitos

22 ene 2019 . Actualizado a las 08:00 h.

A maior feira científica de Galicia, Galiciencia, volverá a reunir a equipos de toda a comunidade na Tecnópole entre os días 8 e 10 de maio. A iniciativa, que conta co apoio da Xunta de Galicia, o Ministerio de Ciencia e a Fecyt, xa ten aberto o prazo de presentación de proxectos para todos aqueles que desexen participar na que será a décimo cuarta edición da cita científica do Parque Tecnolóxico de Galicia. Este ano a convocatoria terá como temática central a saúde e os bos hábitos, cunha categoría especial na competición de proxectos para os dedicados a este campo. Serán en total 80 os proxectos que se seleccionen para Galiciencia 2019: 50 corresponderán a propostas presentadas por equipos de estudantes de Secundaria, Bacharelato e FP que competirán polo primeiro premio do certame a aos mesmos sumaranse, fóra de concurso, outros 30 proxectos máis de alumnos de Primaria e Educación Especial. O prazo de presentación de proxectos remata o 11 de marzo e as bases do concurso pódense consultar en www.galiciencia.com.