Resonans chega con propostas de Schumann e Astor Piazzola

O legado romántico e os sons porteños do tango protagonizarán a cita de Enclave de Cámara


Día 10 (xoves) • 20.00 horas • Teatro Principal • De 5 a 8 euros • Enclave de Cámara retoma a súa actividade e faino co concerto do quinteto Resonans. Ane Matxaín Galdós (violín), Virginia G. Leonhardt (violín), Laure Gaudron (viola), Gregor Lacour (violoncello) e Claudio Constantini (piano e badoneón) integran o grupo.

 

A formación naceu da conxunción de cinco músicos que pretenden difundir repertorio novo e descoñecido de cuarteto de cordas e bandoneón á vez que renden unha homenaxe ao repertorio dos grandes mestres compositores de quinteto con piano. Os cinco virtuosos de Resonans «dan nova vida a obras coñecidas do repertorio clásico».

No concerto que ofrecen esta tarde adicarán unha primeira parte ao piano e a catro movementos dunha obra de Schumann na que destaca a intensidade temática romántica e unha segunda parte -xa sen o piano- na que o bandoneón e o tango de Astor Piazzolla toman a palabra. De feito, a historia e obra de Piazzolla está fortemente vencellada a este instrumento de orixe popular alemá pero que se desenvolveu musicalmente no mundo do tango en Bos Aires e Montevideo.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Resonans chega con propostas de Schumann e Astor Piazzola