Sagrada Familia


Hoxe celebramos a festa da Sagrada Familia. Ata fai pouco, as enquisas que se facían aos mozos sobre a súa escala de valores, daban como primeiro, e en lugar destacado, o valor da familia. Na festa da Sagrada familia lese na Biblia un texto sacado do libro do Eclesiástico que non ten desperdicio (3, 2 ? 6. 12 ? 14). Empeza dicíndonos que «quen teme ao Señor honrará aos seus pais». De maneira máis clara: non vale dicir «eu quérolle moito ao Señor e eu quérolle moito aos meus pais», se as nosas obras demostran o contrario. E segue a dicirnos a Biblia: «Quen honra ao seu pai expía os pecados, e quen respecta a súa nai é coma quen acumula tesouros». ¿Non o sabiamos? Pois é ben claro: os nosos pecados tamén ser nos perdoan, cando amamos e respectamos aos nosos pais. As veces dicimos: «Eu, co traballo que teño, non teño tempo para coidar aos meus pais». Dinos a Palabra de Deus: «Que respecta á súa nai, acumula os mellores tesouros». ¡Que ledicia para os fillos quedar coa conciencia tranquila por ter cumprido co precepto do Señor de «amar ao noso pai e á nosa nai».

As veces, vendo como vai o mundo, comentamos que «estes nosos fillos non van facer caso de nós». Por favor, non fagamos que se cumpra na nosa casa aquel proverbio que di que «segundo fagas, así che farán». A Biblia indícanos o camiño verdadeiro: «Quen honra ao seu pai alegrarase cos seus fillos e cando rece, será escoitado». Como vemos con plus máis: a oración dos fillos que aman de veras aos seus pais sempre será escoitada. «Hai, si non fora o alzhéimer…» «Fillo, coida ao teu pai na súa ancianidade e durante a súa vida non lle causes tristeza». E engade algo máis que é de plena actualidade: «Aínda que perda o xuízo, sé indulxente con el e nono despreces. Porque a compaixón para os teus país non será esquecida e servirache para reparar os teus pecados». Igual non lle damos moita importancia a iso de perdoar ou reparar os pecados. Posiblemente entendamos mellor iso, dicíndoo de outra maneira: si te comportas cos teus pais así, serás venerado polos teus fillos, recibirás moitos agasallos de todos eles, teranche moito cariño e coidarán de ti tamén na túa ancianidade, aínda que chochees. Estaranse preguntando «¿de que familia fala este home?» Dunha familia normal, que sabe vivir e transmitir valores, dunha familia crente, que reza e ensina a rezar, dunha familia que tenta parecerse, na medida do posible, a Sagrada Familia de Nazaret de Xesús, María e Xosé.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Sagrada Familia