María do Ceo reivindica a súa condición de fadista

A cantante portuguesa presentou o seu novo disco


Catorce temas para o disco número catorce na carreira profesional de María do Ceo e un título que é unha declaración de principios: «A Fadista». Un traballo que ademais conta con varios condicionantes que lle dan un valor engadido, como son que está acompañada á guitarra española por José Salgado -o seu marido, co que non gravaba dende hai máis de vinte anos- e á guitarra portuguesa polo seu fillo Álex Salgado. Fernando Campos (baixo) e Kinhos Saburido (percusión) completan a formación. Entre os temas figuran dende pezas de cantoras como Amalia Rodrigues a temas novos compostos por Armando González ou clásicos como «Havemos de ir a Viana». Tamén incorpora cancións como a súa versión de «Un canto a Galicia». A edición de «A fadista» é de mil copias.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

María do Ceo reivindica a súa condición de fadista