O Concello de Ourense avoga por crear sinerxias para colaborar coas asociacións de voluntariado

La Voz OURENSE

OURENSE

MIGUEL VILLAR

Unha veintena de colectivos participaron nun encontro no Liceo

06 dic 2018 . Actualizado a las 14:27 h.

O Concello de Ourense conmemorou o Día Internacional do Voluntariado cun encontro no Liceo e actividades na praza Maior onde, durante a mañá, Mon Devane realizpu un grafiti no que as máns significan a aportación dos voluntarios. Crear sinergías entre el Concello y las entidades que ofrecen traballos de voluntariado, coñecer as súas problemáticas e necesidades, establecer un calendario anual de programas e actividades de voluntariado na nosa cidade e impulsar a captación persoas que desexen realizar esta labor foron os catro eixes que a Concellería de Voluntariado e as asociacións que ofrecen estos servizos analizaron coa vista posta na entrada en funcionamento do primeiro Plan de Voluntariado de Ourense, a partir de 2019.

Representantes dunha vintena de entidades e institucións analizaron xunto coa concelleira  Sofía Godoy o estado actual do voluntariado na nosa cidade co fin de realizar un diagnóstico da situación actual e sentar as bases para que o seu labor sexa máis efectivo e dinámico co I Plan de Voluntariado do Concello de Ourense.