Marta Miguez auguró moitos éxitos ao club de piragüismo de Avión

Celebrou que o club gañara nesta tempada a Liga Galega Máster Feminina


A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, participou na presentación do club de piragüismo fluvial de Avión. Alí augurou «moitos éxitos» a un club que suma 42 fichas (17 mulleres e 25 homes) e 22 nenas e 32 nenos na escola deportiva que tivo ligar nos meses de xullo e agosto. Ademais, celebrou que o club gañara nesta tempada a Liga Galega Máster Feminina. «Animámosvos a traballar na promoción da participación feminina e na transmisión de conceptos como a tolerancia, o esforzo e o traballo en equipo», apuntou. Tras gabar a traxectoria do piragüismo galego, marca de país, Marta Míguez salientou a importancia da conservación do medio ambiente, neste caso os ríos que son “espazos para a convivencia e desenvolvemento deportivo, puntos de referencia para o tempo de lecer e mesmo para o turismo deportivo do que estamos a facer bandeira na nosa comunidade autónoma”.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Marta Miguez auguró moitos éxitos ao club de piragüismo de Avión