Homenaxe a Saco Arce nos 150 anos da «Gramática»

La Voz

OURENSE

As actividades da Real Academia Galega son no IES Otero Pedrayo

22 nov 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • 13.00 e 16.30 horas • IES Otero PedrayoA «Gramática gallega» de José Antonio Saco e Arce é a obra de referencia histórica para a lingua galega. Un texto que cumpriu os seus 150 anos e que será lembrado hoxe nunha xornada organizada pola Real Academia Galega. As actividades comezarán ás 13.00 horas, no IES Otero Pedrayo, coa inauguración da exposición «150 aniversario da ‘Gramática gallega’ de J. Antonio Saco Arce». O proxecto foi ideado e realizado polo académico correspondente Afonso Vázquez-Monxardín. Pola tarde serán os actos da homenaxe: ás 16.30 horas haberá un encontro no que participarán Juan Luis Saco, Antón Santamarina e Teresa López e ás 18.00 horas unha mesa redonda sobre o proxecto da «Gramática».