«A pequena pantalla frea aos maiores á hora de coñecer os seus usos»

Adrián Fernández imparte cursos no Espazo +60 de Afundación para sacarlle partido ás tecnoloxías


ourense / la voz

O ourensán Adrián Fernández Delgado, de 37 anos, é filólogo e dá clases de inglés nunha academia e en empresas. Pero os seus coñecementos en informática levárono a impartir tamén cursos sobre o control dos ordenadores e teléfonos intelixentes na aula de Afundación para maiores de 60. Ensina aos maiores a facer un bo uso dos seus teléfonos.

-Cal é o obxectivo do curso?

-Está centrado no uso dos móbiles e tabletas, para que a xente maior aprenda a sacarlle partido. Hai niveis básicos e para xente con algo de experiencia. Ensinámoslle dende cousas básicas como facer chamadas e mandar mensaxes ata moverse co Whatsapp, saber utilizar as aplicacións móbiles, correos electrónicos, aproveitar as posibilidades de Google, usar mapas e a ubicación... Todas as posibilidades dos teléfonos intelixentes e dos ordenadores.

-Que nivel teñen en xeral os maiores de 60 anos?

-A miña visión é illada porque a xente que vén ao curso necesita desta formación. Normalmente o que acude sabe algo do móbil pero quere sacarlle máis partido. Pode ter algo de idea, pero utiliza o máis básico.

-Que é o que mais lles interesa?

-Sorpréndense de todas as cousas que poden chegar a facer. Non é habitual que abran os menús para coñecer todas as opcións que teñen, e ás veces non len. A pequena pantalla do móbil frea aos maiores á hora de coñecer os seus usos. Deben saber adecualo á súa capacidade visual e tamén ao volume que necesitan. Outra cousa que lle interesa é o tema da seguridade no seu uso. Como facer as cousas sen rompelo.

-Un dos atrancos no seu uso é entón que no están preparados para eles?

-Si, pero tamén o medo, porque pásalles no uso dos ordenadores. Asústalles o que pode pasar se calcan un botón, de facer algo que non deben. E vólvense loucos co tema das actualizacións... Non entenden moi ben que son. Aínda que isto pásalle a moita xente e non depende da idade.

-Unha vez que coñecen aplicacións, cal é que máis lles gusta?

-No ordenador, o Google Maps ou o Street View, pero no móbil non os poden ver tan ben. Neste caso, prefiren aprender a facer xestións. Moitas veces dicímoslles que o fagan no ordenador porque ven mellor as casillas. A maioría ten ordenador na casa.

-De que maneira se lles quita o medo?

-Nós abordamos a intuición, e tratas que eles a desenrolen, que saiban como buscar as solucións, aínda que lles costa bastante. Pero coa práctica non hai problema.

Chegan pensando que non o van a entender e ao final fano. E despois hai de todo, persoas que chegan co móbil bloqueado e cun teléfono sen actualizar, e lles indicamos como desfacelo.

-Como animaría á xente maior a que use as tecnoloxías?

-Dicímoslles que é a mellor maneira de estar comunicados coa súa familia en todo momento, que poden estar localizados, e iso é moi importante para eles. Séntense seguros cando viaxan por aí, porque pensan que se van perder, como xa vimos que pasa lamentablemente nalgúns casos. Dicímoslles que sempre tenten levar o móbil con eles e iso dálles seguridade. Pero non só iso. Danse conta de que poden facer moitas cousas dende o móbil, que lles axuda, como non ter que ir ata o Sergas a pedir unha cita ou ao banco a facer algunha xestión. Neste caso axudálle moito á xente con problemas de mobilidade. Eu dígolles que hoxe isto é para todos, para todas as idades e que hai que empregalo porque todo son facilidades. Pero nestes cursos hai algo máis. Eles veñen aquí e relaciónanse con outras persoas, falan e pasan un rato divertido. Aparte do proveito para a vida diaria, tamén lles serve para pasar o tempo facendo exercicios divertidos, como facer presentacións co Power Point, entre outras cousas.

-Unha vez que aprenden, usan esas habilidades?

-Si, pero tamén vai coa persoa e coa súa idade. Hai xente que vén aprender rápido e outra que lle custa máis e ten que ir pouco a pouco.

-Interésanse máis os homes ou as mulleres?

-Normalmente, en xeral, soen vir máis mulleres. Quizais os homes teñen outros intereses diferentes, pero de todo.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

«A pequena pantalla frea aos maiores á hora de coñecer os seus usos»