A Xunta sinaliza a ruta do viño do Ribeiro

O próximo ano está previsto actuar en Monterrei, Valdeorras e Ribeira Sacra


Ourense

A Consellería de Cultura e Turismo está a realizar a sinalización turística en dúas das cinco rutas do viño das denominacións de orixe galegas. Unha delas é a do Ribeiro. O calendario de actuacións para o vindeiro ano prevé tamén realizar estes traballos nos itinerarios de Monterrei, Ribeira Sacra e Valdeorras, completando así a que é unha das principais apostas deste departamento autonómico para impulsar o enoturismo en Galicia.

 Ao abeiro destas accións, estanse a instalar novos sinais informativos tanto en zonas urbanas como en estradas para identificar os establecementos incluídos en cada unha das rutas e facilitar a localización dos recursos destas zonas. A esta sinalización súmase o apoioás Rutas do Viño a través dos máis de 230.000 euros para a súa promoción ata o ano 2021 que inclúe a posta en marcha das xornadas de portas abertas, que este ano celebraron a súa sétima edición co respaldo da Xunta.

Amais, ao abeiro das axudas outorgadas pola Consellería de Cultura e Turismo a xeodestinos, concellos e entidades locais para impulsar o seu desenvolvemento turístico tamén se puxeron en marcha experiencias nesta liña como o Bus do Viño, no Ribeiro, ou o bus turístico na Ribeira Sacra, e mesmo se recuperaron proxectos como a Ruta de Lagares Rupestres, no concello ourensán de Oímbra, ente outras accións.

Froito desta aposta do Goberno galego polo enoturismo, neste último ano tamén se impulsaron infraestruturas como o novo spa viñoterapia de Leiro, xunto ao Hotel Monumento Mosteiro de San Clodio.

Día Europeo do Enoturismo

A Xunta quixo aproveitar a celebración, onte, do día Europeo do Enoturismo, para por en valor a gran contribución que está a ter no eido turístico o traballo das cinco denominacións de orixe así como o labor dos profesionais que forman parte das Rutas dos Viños e o do sector enolóxico galego á hora difundir e divulgar a nosa cultura vitivinícola. O seu labor está a ser clave para impulsar un segmento turístico estratéxico en Galicia que desestacionaliza e axuda a diversificar a oferta por gran parte do territorio.

 

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

A Xunta sinaliza a ruta do viño do Ribeiro