Milana Chernyavska e Daniel Röhn actúan no Principal

La Voz

OURENSE

cedida

O dúo protagoniza o concerto de Enclave de Cámara

07 nov 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • 20.00 horas • Teatro Principal • De 5 a 8 euros • O ciclo de música culta volve ao Teatro Principal e faino coa presenza do dúo formado polo violinista alemán Daniel Röhn e a pianista ucraína Milana Chernyavska.

 

A cita deste mes do Enclave de Cámara aposta por un concerto que chega «cun poderoso programa, cargado de paixón, musicalidade e virtuosismo e no que interpretarán obras de célebres compositores como Leclair, Debussy ou Mendelssohn, pero tamén de compositores menos coñecidos coma o noruegués Christian Sinding, que deixou un legado de obras excepcionais».