Milongas para un AVE

Xosé M. Rodríguez

OURENSE

01 nov 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

OPSOE ourensán ten unha máis que acreditada atracción polo perigo e o masoquismo de vivir na contradición total. Esa que en tempos pasados deu como resultado procesos como os de refundación na cidade pola existencia de dúas agrupacións locais e outros episodios peregrinos. Logo duns tempos axitados semella que os socialistas volven tentar poñerse de novo no camiño para converterse no que a cidade necesita: unha opción política que dea resposta a unha parte da sociedade que se identifica cun ideario concreto. Celebrarán unhas primarias, desta volta non coas tensións da última vez, e terán un candidato escollido pola militancia no 2019.

E mentres tentan superar esa etapa que os levou de ser goberno a segunda forza política da oposición, vai e saen os que lideraron o partido ata antonte cun golpe de efecto maxistral: alegacións de ex-alcaldes e ex-concelleiros contra o estudio informativo da estación intermodal. E volve enlearse todo.

Que os políticos responsables de promover un proxecto como o do equipo de Foster reclamen que se execute a proposta é o seu. Para iso o encargaron e lle deron o seu apoio. O contrario sería ir contra eles mesmos e a súa xestión. Alegan para que se execute o proxecto orixinal e a postura oficial da executiva ourensá aposta por presentar alegacións para que se semelle o máis posible ao modelo Foster. Pois tampouco vai ser isto como para facer un novo congreso de Suresnes.

E xa postos que pasen os do nome para ver como lle chamamos ao lugar no futuro.