A Deputación de Ourense creará un premio co nome de Carlos Casares

La Voz OURENSE / LA VOZ

OURENSE

MIGUEL VILLAR

O galardón servirá para distinguir o talento, tanto en disciplinas científicas como en humanidades

30 oct 2018 . Actualizado a las 16:50 h.

A Deputación de Ourense, en colaboración coa fundación que mantén vivo o legado do autor, creará un premio que levará o nome de Carlos Casares. O mesmo estará destinado, segundo anunciou onte o presidente do organismo provincial, a distinguir o talento co obxectivo de axudar «aos xóvenes no inicio da súa carreira profesional, galardón que estaría aberto tanto a disciplinas científicas como de humanidades».

A iniciativa foi analizada nunha xuntanza que mantiveron José Manuel Baltar Blanco e Hakan Casares, fillo do escritor e administrador da Fundación Carlos Casares. Crear o galardón foi un acordo do pleno da Deputación de Ourense, adoptado o pasado ano, como homenaxe e recoñecemento ao intelectual ourensá.