Antía Yáñez chega a Eixo con «Senlleiras»

La Voz

OURENSE

A obra foi galardonada co Premio Illa Nova de Narrativa 2018

28 sep 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • 19.30 horas • Libraría Eixo • Na libraría da rúa Cardenal Quevedo presentan esta tarde a obra «Senlleiras», de Antía Yáñez. Con este traballo a escritora foi galardonada co Premio Illa Nova de Narrativa 2018. A obra da autora de Burela, escritora con varios premios nos últimos anos, leva vendidos máis dun milleiro de exemplares en só un mes.