«Para os proxectos fotográficos persoais necesito inspirarme»

lucía martínez / r. n.

OURENSE

Agostiño Iglesias

O ourensán expón parte da súa obra na sala de exposición da tenda de Roberto Verino no Paseo

08 jul 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O fotógrafo ourensán Fernando Sacó expón parte da súa obra no espazo de arte Roberto Verino.

-Como se iniciou no mundo da fotografía?

-Pois primeiro foi unha cousa de afección, empecei a facer fotos cunha cámara pequena e pouco a pouco foise transformando en algo máis ata que se converteu na miña profesión.

-Por que a auga como elemento chave na súa exposición? Que tenta transmitir?

-Coas presas do tema tiven que facer uns cambios técnicos, estivemos pensando en conseguir un tema… Ao final foi o da auga porque nas miñas paisaxes o uso. Tampouco foi unha cousa moi específica, foi por poñer un tema en común.

-Que sensacións ten trala exposición realizada no espazo de Roberto Verino?

-Moi boas, a verdade. Foi unha cousa curiosa que nunha zona comercial poidas facer unha exposición coma esta. Ademais o sitio está moi ben adaptado para isto, as sensacións son moi boas.

-Como é traballar para o proxecto Google?

-O proxecto de Street View está un pouco de capa caída, porque cambiaron moitas cousas. Eu comecei no 2012 sendo o primeiro fotógrafo galego en facelo. Ao principio estaba moi ben pero fai ano e medio cambiaron moitas cousas. Agora mesmo, como dicía, está de capa caída, pero sigue existindo.

-Ademais de «Agua», que outros proxectos ten en mente?

-Na miña web teño un blog, aínda que advirto que non está perfectamente actualizado. Agora mesmo teño bastante traballo, dedícome máis a fotografía arquitectónica, locais comerciais e de vez en cando tamén fago vodas . É cando menos traballo teño cando comezo cos proxectos persoais, xa que para facelos teño que inspirarme un pouquiño.