O Couto Mixto conta coa labor de tres novos xuíces honorarios

ANA cuíñas / r. n. p. OURENSE / LA VOZ

OURENSE

CEDIDA

Os elexidos son os presidentes de tres freguesías portuguesas

08 jul 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Tivo lugar un novo nomeamento de xuíces honorarios do Couto Mixto na Igrexa de Santiago de Rubiás. Os condecorados son os presidentes portugueses das freguesías de Soutelinho, Lamadarcos e Cambedo.

O acto, que comezou en torno ás 12,00 horas da mañá, contou coa participación do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García. El mesmo, elixido xuíz o ano anterior, encargouse de felicitar ós novos mediadores e de recordarlles a relevancia cultural e histórica que posúe esta entidade tanto para o pobo galego como para o pobo portugués.

Despois da designación dos novos cargos, organizouse unha réplica das asembleas que se celebraban antigamente no Couto Mixto, así como a reunión anual dos membros que forman parte da Asociación. O momento sonoro chegou da artista galega, Uxía Senlle, encargada de poñer música a esta tradicional cita.

Unha vella República

O Couto Mixto foi unha entidade política situada no val do río Salas, constituído polas aldeas de Santiago, Rubiás e Meaus que en tempos de monarquías feudais xa escollía o seu rexedor mediante os votos dos representantes de cada casa; un microestado que contaba con leis e privilexios propios.

No 1868, co Tratado de Lisboa os territorios do Couto Mixto quedaron baixo a soberanía do pobo español.