Unha representación teatral e un roteiro difundirán a historia do Couto Mixto

La Voz

OURENSE

Alberte Paz Garza

A primeira das actividades celebrarase o próximo sábado en Santiago de Rubiás

05 jul 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Na igrexa de Santiago de Rubiás celebrarase o vindeiro sábado unha nova xuntanza da Asociación de Amigos do Couto Mixto. Na mesma, como cada ano, nomearase aos novos xuíces honorarios e lembrarase a historia da antiga república independente de España e Portugal. Na convocatoria deste 2018 haberá novas propostas relacionadas con este territorio ceibo, ao coincidir co 150 aniversario da súa extinción. Unha representación teatral e un roteiro interpretativo contibuirán este ano a espallar unha singularidade, a do Couto Mixto, que dende hai anos se está a reivindicar. O proxecto foi presentado onte polo vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, o representante da asociación, Xosé Manuel Cid, e Manuel Gallego, da empresa Xeitura -que foi a encargada de desenvolver o proxecto-. O sábado día 7, ás 13.00 horas, haberá unha representación teatral ambientada no século XIX no adro da igrexa de Rubiás. O roteiro interpretativo polo Couto Mixto será o día 28. Ademais, segundo se anunciou onte, haberá talleres de sensibilización ao longo do verán. As iniciativas están vencelladas ao proxecto Gêres-Xurés Dinámico, cofinanciado polos fondos europeos.

Días 7 e 28 • 13.00 horas (sábado) • Igrexa de Santiago de Rubiás • De balde •