Convocado o Pura e Dora Vázquez de ilustración

La Voz

OURENSE

As propostas poderanse presentar ata o 3 de setembro

03 jul 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Ata o 3 de setembro • Deputación de Ourense • 1.500 euros • Logo de elexir a obra gañadora do Premio Pura e Dora Vázquez de literatura infantil e xuvenil -que foi para a obra «As historias da ogra Pinta», de Ánxela Gracián- a Deputación de Ourense vén de convocar o concurso para elaborar as ilustracións que acompañarán o texto. Os autores deberán presentar unha proposta, con non menos de dez ilustracións, tomando como base o texto galardoado. As características das obras a concurso aparecen recollidas nas bases, que se poden consultar na páxina web da Deputación, e a dotación do premio é de 1.500 euros. Ata o 3 de setembro está aberto o prazo.