Unha coral centenaria e de premio

La Voz OURENSE / LA VOZ

OURENSE

cedida

De Ruada recolleu na Casa Grande de Cimadevila, sede da Fundación Otero Pedrayo, o Trasalba

01 jul 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

A Coral de Ruada converteuse onte na protagonista do acto de entrega dun dos galardóns máis simbólicos de Galicia: o Premio Trasalba. Na Casa Grande de Cimadevila, sede da Fundación Otero Pedrayo, os integrantes da masa coral ourensá foron agasallados cunha distinción colectiva que ata o de agora só se dera nunha ocasión e daquela fora para recoñecer o traballo de Milladoiro. O secretario xeral de Cultura da Xunta, Anxo Lourenzo, felicitou aos membros da Coral de Ruada «por facerse acreedores de tan alta distinción» e lembrou que o colectivo, que cumpre o seu centenario neste 2018, leva un século impulsando a música, o canto e o baile galego. A laudatio da coral galardoada correu a cargo de Miguel Anxo Seixas Seoane e logo da súa intervención procedeuse a presentar o libro-cedé A Coral de Ruada. Logo da entrega do premio foi o presidente coralista, Samuel Lago, o encargado de intervir para agradecer o recoñecemento. O Premio Trasalba entregrouse por ver primeira en 1983. Daquela foi para Xaquín Lorenzo, Xocas.