O legado musical do franciscano Manuel Feijoo chega á RAG

La Voz

OURENSE

miramemira

A Academia acolle a presentación dun novo volume coa obra do compositor de Outomuro

28 jun 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • 19.30 horas • Real Academia Galega (A Coruña) • O padre franciscano Manuel Feijoo (1926-1992) iniciouse no mundo musical e literario no seminario de Santo Antonio de Herbón. Compaxinou o seu traballo de organista e profesor de música e literatura coa composición musical e a fundación de coros en Herbón, Ponteareas e Compostela. Enrique Mourille, sobriño e alumno de Feijoo, e o musicólogo e profesor Carlos Núñez Deza presentan esta tarde na Real Academia Galega un novo volume dos que están a recuperar e espallar o legado do compositor: «Padre Manuel Feijoo. Música da nosa terra». Estarán acompañados na presentación polo presidente da institución, Víctor F. Freixanes.

 

 

Actuación de Resonet

As voces e os instrumentistas do grupo Resonet interpretarán varias das composicións recollidas no libro.