«O libro recolle os materiais que emprego para as miñas clases»

O mestre Pablo Nogueira presenta a súa obra na Feira do Libro de Ourense

.

Pablo Nogueira (O Carballiño, 1987) presenta hoxe na feria o seu libro Nube branca quere ser astronauta (Baía Edicións). O volume conta coas ilustracións de Manuel Uhía e no acto das 18.00 horas o autor estará acompañado por Belén López Vázquez, directora da editorial. Haberá presentación, lectura e dramatización do libro. Nogueira é mestre nos colexios Terra de Maside e Carmen García Carrasco, de Cenlle.

?Como naceu o proxecto de Nube Branca?

?Son contidos que realmente non ían ser unha publicación. O libro recolle os materiais que emprego nas miñas clases, que nun principio non estaban pensados para editar senón para traballar na estimulación da linguaxe, adquisición de fonemas e mellora da expresión oral. Para incidir nestes aspectos apostei por facelo a través do conto.

?E como chegou a proposta á canle da industria editorial?

?Os compañeiros dixéronme que lles gostaba moito a iniciativa e animáronme a publicala para que a coñeceran noutros colexios e fogares de Galicia.

?E daquela materializouse o libro.

?Si. Baía Edicións considerou que era unha iniciativa que podía ter demanda e aínda que se publicou hai pouco está tendo unha boa acollida. É un formato moi atractivo, moi visual, conta con ilustracións de Manuel Uhía e ademais conta con exercicios e actividades para traballar no que é o campo da dicción, audición e lectoescritura, que son nos que quere incidir.

?Nube Branca é un personaxe chamado a ter novas entregas?

?Non é algo que estea falado nin tan siquera valorado. Como tal si que podería contar con novos contidos e publicacións para facer unha serie, pero nunca se matinou nesa posibilidade. Agora estamos centrados na promoción do libro, que saiu hai uns días.

Votación
2 votos
Comentarios

«O libro recolle os materiais que emprego para as miñas clases»