A cultura ourensá viaxou a Quimper

La Voz

OURENSE

cedida

O Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo participou na Semana de Galicia

29 may 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo da Deputación de Ourense vén de participar na Semana de Galicia que se desenvolveu estes días pasados na vila de Quimper, na bretaña francesa, a raíz da proposta realizada polo Comité de irmanamento Ourense-Quimper, entidade que en colaboración coa súa homóloga francesa promove os intercambios culturais entre os dous territorios.  A delegación enviada desde o CCP Xaquín Lorenzo levou a Quimper un programa de actividades centrado en poñer en valor o patrimonio etnográfico, cultural e turístico da provincia de Ourense, así como en dar a coñecer o traballo que realiza este centro da Deputación de Ourense na recuperación, conservación e difusión da cultura popular e tradicional do noso país. Mediante a organización de exposicións sobre o traxe tradicional galego, o entroido na provincia de Ourense, a romaría etnográfica Raigame, os xogos tradicionais galegos, a revista Raigame, vídeos promocionais da provincia, conferencias e obradoiros de xogos tradicionais e de música e baile, o público participante recibiu unha visión do Ourense tradicional e cultural.