Varios autores valdeorreses presentarán as súas obras na Feira do Libro do Barco

La Voz O BARCO / LA VOZ

OURENSE

CEDIDA

A cita literaria será a fin de semana do 19 e 20 de maio na praza Andrés de Prada

11 may 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Charo Álvarez, David Daniel Vázquez, Mencía Yano, Laura Modelo e Jorge Rodríguez serán os escritores da comarca de Valdeorras que presentarán as súas últimas obras publicadas na Feira do Libro do Barco, que se celebrará na fin de semana do 19 e o 20 de maio. Todos eles formarán parte da mesa de autores que está prevista para o domingo á tarde, dentro dos actos complementarios á feira, na que participarán as librarías Murciego e Praxis do Barco, Lipor da Rúa e Celia de Quiroga. As casetas abrirán desde as once da mañá ás oito e media da tarde, e nelas poderanse mercar libros con desconto.

Ademais, o sábado ás 12.30 horas na beira do río Sil haberá unha sesión de contacontos centrada na natureza. Pola tarde ás sete terá lugar a presentación do disco de Jorge Rodríguez; mentres que o domingo á unha e media haberá sesión vermú con As Macizas Centrais.

Por outra banda, desde hoxe mesmo pode facerse o roteiro literario polos bares da localidade, cun percorrido elixido polos escolares do municipio. Ademais, nos días da feira na Maltería regalarán textos con cada consumición.