As prospeccións en 26 puntos da Limia amosan a viabilidade do plan de regadío

s. m. XINZO / LA VOZ

OURENSE

Santi M. Amil

Adegal e catro comunidades fixeron os estudos

23 abr 2018 . Actualizado a las 17:22 h.

A asociación Adegal e catro comunidades de regantes da Limia solicitaron a realización de sondeos de investigación das captacións, nun total de 26 puntos localizados e distribuídos na superficie a regar. As investigación, segundo aseguran, verifican a viabilidade do regadío, que serviría para abastecer de auga unha superficie aproximada de 4.150 hectáreas de cultivo, que pertence ás comunidades de Corno do Monte, Alta Limia, Lamas-Ganade e San Salvador de Sabucedo.

Os promotores están agora á espera de que a Consellería de Medio Rural execute o presuposto asignado para os infraestruturas de rega da Limia. A presidenta de Adegal, Maite Joga, afirmou: «A nosa obriga é a defensa e o impulso da comarca da Limia, e apostamos polo sector agrícola e gandeiro como piar fundamental, tanto a nivel económico como social». E engadiu: «Adegal aúna esforzos nun sector perfectamente organizado para a estruturación e a modernización dos regadíos nos que as administracións deben cumprir os compromisos adquiridos e apostar pola inversión na Limia».

Os regantes da comarca do sur da provincia levan esperando máis dunha década pola execución dos novos regadíos anteláns, cun investimentos estimado duns 27 millóns de euros.