O «Abril oteriano» leva as súas actividades a Compostela

La Voz

OURENSE

No disponible

O Colexio de Fonseca acolle durante dous días mesas redondas e encontros sobre a figura de Otero

20 abr 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe e mañá • Colexio Fonseca (Santiago) • De 16.00 a 22.30 (hoxe) e de 10.00 a 18.00 horas • O «Abril oteriano» leva este ano parte das súas actividades a Compostela. Faino para lembrar a presenza do patriarca das letras galegas na que foi unha das súas cidades máis queridas. As xornadas «Os anos máis felices: Otero en Compostela» comezan esta tarde e o acto inaugural está previsto para as 17.00 horas. A primeira das conferencias correrá a cargo de Ramón Villares e leva como título «De Trasalba a Compostela» (17.45 horas). Será presentada por Miguel Santalices. Ás 19.15 horas será Xesús Alonso Montero o que se centre en «Don Ramón na Universidade de Santiago (1950-1958)» e será presentado por Freixanes. Pecharase a xornada co roteiro literario nouturno «A noite compostelá de Otero», que comezará ás 22.30 horas no Toural. Estará guiado por Juan Saco, Xosé Luís Franco Grande, Patricia Arias e Afonso Vázquez Monxardín. Mañá comezarán as actividades ás 10.00 horas coa conferencia «Compostela en Otero», a cargo de Xosé Manuel Salgado. Presentará Patricia Arias. «Otero en Compostela» será a mesa redonda na que participarán Franco Grande, Ramón Lourenzo e Antón Santamarina (11.30 horas). «Otero e a prensa compostelá» será a mesa redonda das 16.30 horas e Margarita Ledo pechará ás 17.30 horas coa charla de Margarita Ledo titulada «Otero e as pequenas transgresións».