Medio milleiro de voces participarán no Ourencanto

La Voz

OURENSE

Santi M. Amil

O concerto central do programa será o domingo no Auditorio

05 abr 2018 . Actualizado a las 16:15 h.

Do 6 ao 8 de abril • 19.00 horas (o domingo pola tarde será o concerto central) • Auditorio de Ourense • A presenza de medio milleiro de participantes convertirá á cidade «na capital da música e da cultura» coincidindo coa celebración da segunda edición de Ourencanto. As actividades foron presentadas nunha convocatoria na que os seus organizadores, Cristina Boado e Carlos Núñez, compareceron xunto ao alcalde e a concelleira de Cultura de Ourense, Jesús Vázquez e Belén Iglesias, e o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández. As actividades de Ourencanto comezarán o venres e o acto central será o gran concerto que se celebrará no Auditorio na tarde do domingo.

Estrea mundial

Nesta iniciativa participarán medio milleiro de rapaces, con idades comprendidas entre os 8 e os 18 anos, e na cita do domingo estrearase unha obra musicada polo compositor vasco Josu Elberdín a partires do poema «Terra Maina», de Albino Núñez.