A Coral de Ruada recibirá o Premio Trasalba 2018

A Fundación Otero Pedrayo recoñece con esta decisión o legado desta institución centenaria


A Fundación Otero Pedrayo acordou conceder o Premio Trasalba 2018 á Coral de Ruada, formación que vai celebrar o seu centenario (creouse en outubro de 1918) e que leva mantido a súa actividade de xeito continuado nestes cen anos. Será o segundo colectivo, tras Milladoiro, galardoado co Trasalba. A entrega do premio será no vindeiro mes de xuño.A decisión foi dada a coñecer onte polo presidente e o secretario da fundación nunha rolda de prensa. Xoán Luis Saco Cid, presidente da fundación, sinalou que «para a escolla tívose en conta o ser a Coral un exemplo do esforzo eficaz, xeneroso e desinteresado, mantido ao longo dun século, por centos de homes e mulleres que integraron a mesma, sempre impulsando a música, o canto, o baile desde unha óptica de transversalidade e compromiso, en circunstancias históricas tan diversas como as que van desde 1918 a 2018». Tamén lembrou que «a Coral de Ruada, motivo de orgullo de Ourense e Galicia toda, contribuiu decisivamente á creación dunha identidade musical culta de raíz fondamente popular, e proxectou un sentimento de orgullo polo propio e unha positiva identificación colectiva, nas súas actuacións por Galicia adiante como nas terras da emigración, nas innúmeras representacións e tamén na súa ampla discografía con gravacións continuadas desde os anos vinte do século pasado».

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

A Coral de Ruada recibirá o Premio Trasalba 2018