Vilaverde énchese de entroidos

La Voz OURENSE / LA VOZ

OURENSE

En Melón hai un pobo once rúas e camiños están cheos de monecos

11 feb 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

En Vilaverde (Melón) os veciños xa hai tempo que se meteron ao traballo para encher o pobo cos personaxes que se poden ver espallados por rúas e camiños. O mesmo atopas a dous monecos, e ao seu fillo, dándoche a benvida na marquesiña de acceso ao lugar que a unha parella na terraza da casa ou a uns mozos bicándose ao pé da entrada dun garaxe. Carros con animais que xa hai tempo que descansaron para sempre, o esqueleto do cabalo que hai anos que deixou de andar pola contorna ou o home que sube polo poste da luz son algúns dos entroidos cos que se pode atopar quen visite Vilaverde. No pobo son todos entroidos: os do día grande -o martes, cando fan o encontro cos veciños do pobo de Barcia- son os Entroidos do Carro (agora van en tractor) e o que colgan un mes antes da festa nun pao grande é o Entroido. E os monecos que fan os veciños como queren e lles cadra ben -este ano hai máis de vinte- son os entroidos, sen máis. A comisión da festa é a encargada de organizar os actos do 13 e amañar a comitiva do carro.