Mouteira anima a pedir as axudas de Turismo para fortalecer o sector na provincia

La Voz

OURENSE

16 ene 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

A delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, presentou onte as axudas que vén de convocar o Executivo autonómico para mellorar a oferta, os recursos e as infraestruturas turísticas. En conxunto contémplanse fondos por valor de máis de cinco millóns de euros e segundo sinalou Mouteira a publicación das convocatorias no Diario Oficial de Galicia é inminente.

 

A representante da Xunta salientou o feito de que «entre as principais novidades, atópase o programa para remodelación de negocios de hospedaxe, con accións de accesibilidade, medidas para incrementar a calidade dos seus servizos, o aforro enerxético e a modernización das súas instalacións», segundo adiantou Mouteira. Na presentación destas convocatorias a representante do Goberno galego animou aos ourensáns vencellados ao sector a pedir as axudas, xa que na súa opinión as mesmas «contribuíran a poñer en valor os mellores recursos que ten Ourense e así lograr recuperar este ano a senda de crecemento iniciada en 2016 no sector turístico». O pasado ano a provincia recibiu 1,2 millóns de Turismo nestas axudas.