Cristina Pato e Nicholas Cords ofrecen un concerto no ciclo Enclave de Cámara

La Voz

OURENSE

Miguel Villar

Os músicos participarán nun encontro cos alumnos do Conservatorio de Ourense

13 dic 2017 . Actualizado a las 18:36 h.

O ciclo de música Enclave de Cámara contará para o concerto deste mes, que se celebra mañá no Teatro Principal, coa presenza de Cristina Pato (piano) e Nicholas Cords (viola). Os dous artistas participan no proxecto musical de Yo-Yo Ma, o Silk Road Project, e no marco do mesmo, e na súa coincidencia do traballo artístico e educativo, naceu a proposta que se poderá escoitar en Ourense. Antes da actuación do Teatro Principal, que será ás 20.30 horas, os dous artistas participarán nun encontro cos alumnos do Conservatorio Profesional de Música de Ourense.