A mostra sobre os Suevos chega a Santa María Nai

La Voz

OURENSE

A inauguración da mesma está prevista para o venres, día 15

13 dic 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Exposición «In tempore sueborum» • Inauguración: día 15 ás 12.30 horas (Simeón) • A mostra sobre a Galicia sueva e a cristianización ultima a súa inauguración e onte a organización da mesma xa estivo a supervisar a montaxe que se poderá ver na igrexa de Santa María Nai, un dos tres espazos expositivos onde se poderán contemplar as pezas da mostra promovida pola Deputación de Ourense. Dende o organismo provincial salientouse onte que a igrexa «se está a acondicionar como espazo expositivo para acoller pezas de incalculable valor histórico-artístico. Elementos como sarcófagos, xoias relixiosas, figuras arquitectónicas e obxectos de ouro, prata, outros metais e cerámica, procedentes de máis de dez museos, integran a mostra». A inauguración será o venres.