Xaquín Lorenzo salienta a gran influenza do seu pai

La Voz

OURENSE

PEPE SEOANE

En 1987 o intelectual facía un repaso á súa vida nun ciclo de conversas

22 nov 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Nunha serie, títulada «Conversas con Xaquín Lorenzo», o intelectual repasaba os fitos máis salientables da súa vida e os acontecementos que marcaron a mesma. «Xocas» xa contaba cunha certa idade (nacera en 1907 e morrería en 1989) e debullaba co xornalista Alfredo Vara as súas lembranzas. Na que se publicaba hai hoxe trinta anos, destacaba a grande importancia que tivo na súa formación e na súa vida o seu pai: Xosé Lorenzo Álvarez, un avogado «de cumplido» que nunca chegou a exercer e que se adicou enteiramente aos seus fillos. Recoñecía «Xocas» que nunca fora á escola e que o seu mestre, ata que ingresou no instituto, tiña sido seu pai. Era un gran debuxante e escritor, aínda que deixou todo para centrarse en Xaquín e Xurxo. A familia vivía entre Ourense e Lobeira e a morte do pai marcou o futuro dos rapaces: a nai botou tres anos en Arxentina, loitando para recuperar as propiedades, e os irmáns quedaron cos avós ata o reagrupamento familiar.