O Consello da Cultura lembra cun encontro a Carlos Casares

La Voz

OURENSE

No disponible

Durante os días 16 e 17 analizarase a figura do ourensán como «escritor e intelectual público»

09 nov 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Días 16 e 17 • De 9.30 a 20.00 horas (xoves) e de 10.00 a 14.00 horas • Consello da Cultura Galega. Pazo de Raxoi, 2 (Compostela) • Gratis • Carlos Casares foi escritor, editor, articulista, profesor, dinamizador cultural, director de Galaxia, presidente do PEN Clube Galicia e do Consello da Cultura Galega, entre outras facetas. E o Consello, que presidía naquel 2002 no que finou, lembrarao cun encontro. Os días 16 e 17 de novembro desenvolveranse «Carlos Casares, escritor e intelectual público». Na xornada do xoves, día 16, abrirase a actividade coa conferencia de Juan Pablo Fusi «Intelectuais e democracia en España» (10.00 horas). Antón Baamonde disertará sobre «Intelectuais e autonomía galega» e haberá unha mesa redonda, titulada «Casares como intelectual do seu tempo», na que participarán Baamonde, Andrés Torres Queiruga, Carlos Pajares e Damián Villalaín. Pola tarde, 17.00 horas, Fernando Valls falará sobre «A relación de Carlos Casares coas outras tradicións literarias españolas» e haberá a mesa redonda «Tendendo pontes» con Dolores Vilavedra, Xosé Manuel Dasilva e Olivia Rodríguez. Vilavedra presentará o venres, ás 10.00 horas, a ponencia «A ledicia de ler: historiografía, crítica e columnismo» e logo haberá unha mesa redonda sobre «Casares, escritor de xornal» con María Xosé Porteiro, Luís Álvarez Pousa, Tucho Calvo e Fernanda Tabarés.

 

 

Matrícula

A inscrición é gratuíta. Pode tramitarse a través de www.consellodacultura.gal ou difusion@consellodacultura.gal.