O Samaín da cidade xa ten cartel

La Voz OURENSE

OURENSE

Cedida

Un deseñador de Castellón asina o deseño para a festa do 2017

21 oct 2017 . Actualizado a las 17:54 h.

A festa do Samaín 2017, que se celebrará o vindeiro 31 de outubro nas prazas da cidade de Ourense, xa ten cartel. É obra de Juan Diego Ingelmo, deseñador gráfico afincado en Burriana (Castellón), cuxa proposta resultou a gañadora de entre as 19 presentadas na Concellería de Cultura.

O xurado, composto por representantes das artes gráficas e persoal municipal de diferentes áreas, destacou a calidade das propostas presentadas, máis que en anos anteriores, salientando unha variedade de estilos creativos e artísticos. No caso da proposta de Juan Diego Ingelmo, destacouse o carácter lúdico do cartel e a súa conexión co programa de actividades para os máis cativos dentro da programación da Concellería de Cultura.

O cartel elixido será utilizado tamén como imaxe gráfica integrante dos anuncios na prensa escrita, carteis, mobiliario urbano publicitario, e outros elementos divulgativos que editará o Concello de Ourense para promocionar o programa de actividades desta festa.

O mércores 25 desvelaranse, en rolda de prensa, todas as novidades da programación do Samaín 2017.