Chus Pato lerá o seu discurso de ingreso na RAG no instituto Otero Pedrayo

La Voz

OURENSE

real academia galega

O acto celebrarase o vindeiro sábado, día 23, no centro onde estudou a poeta ourensá

18 sep 2017 . Actualizado a las 20:34 h.

O vindeiro sábado, día 23, o instituto Ramón Otero Pedrayo de Ourense acollerá o acto de lectura do discurso de entrada da poeta Chus Pato na Real Academia Galega. A ourensá escolleu como espazo para ler o seu texto o centro de ensino onde foi alumna. O acto comezará ás 12.00 horas e coa materialización do mesmo Chus Pato pasará a ocupar a cadeira que quedou vacante tras o pasamento do tamén escritor ourensán Xosé Fernández Ferreiro. O texto de Chus Pato leva por título «Baixo o límite», segundo se anunciou dende a RAG, e será o académico de número Francisco Fernández Rei o encargado da resposta en nome da institución.