Severino González, xerente do clúster: «Este ano imos facer unha campaña para tratar de gañar mercado nacional»


o barco / la voz

Severino González é o xerente do clúster da pizarra, que aglutina a todo o sector en Galicia.

-O sector repunta.

-Son os primeiros meses, e imos un pouquiño máis arriba que o ano pasado, pero non é significativo. Pensamos terminar o ano mellor que o pasado, pero o que levamos de momento non é moi significativo.

-Francia sigue sendo o principal mercado e sigue medrando. ¿Cre que é polas campañas de promoción que levan feito alí?

-Iso contribúe. Todo o que estamos facendo contribúe, porque é un mercado que está crecendo; ao igual que Reino Unido. Pero tamén vai segundo se mova o país, que Francia supoño que irá a mellor. Este ano imos seguir facendo campaña en Francia e tamén no mercado nacional

-¿Aquí?

-Este ano imos facer unha campaña para tratar de gañar mercado nacional; para ver se tamén se empeza a construír. A construción non funciona como debería, e a que hai, hai que tratar de captala cando ten actividade.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Severino González, xerente do clúster: «Este ano imos facer unha campaña para tratar de gañar mercado nacional»