«A sorna e a música divertida son os sinais de identidade»

OURENSE

Jose Manuel Casal

O grupo Caxade participa esta noite nun concerto xunto a Orquestrada e O Sonoro Maxín

29 jun 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

A praza de San Matiño acolle (22.30 horas) un concerto do programa das festas que contará coa presenza dos grupos Caxade, Orquestrada e O Sono Marín. A banda que lidera Alonso Caxade chega coa xira de concertos do seu último disco: «E isto é o amor». Xunto a Caxade (voz e acordeón) participan no proxecto os músicos que o acompañan dende o comezo: Manu Paino (trompeta e carillón), Manu Espinho (bombardino) e Xosé Tunhas (batería).

?Como se xestou este concerto a tres bandas?

?Foi unha proposta para realizar esta actuación conxunta, e encantados. Para nós é moi importante a cita de Ourense porque é un luxo tocar con amigos e compañeiros cos que temos moitas cousas en común.

?Como valora a resposta que está tendo o novo traballo?

?Está funcionando moi ben e estamos moi contentos. Son corenta datas de concertos e iso é un número moi bonito, xunto á grande resposta que estamos tendo do público. A verdade é que o proxecto, en xeral, está funcionando moi ben. Temos unha media de cincoenta concertos por ano e para nós é unha satisfacción volver a Ourense.

?Queda algo da proposta audiovisual inicial?

?Sigue estando, aínda que non de forma tan evidente. Cando creas un proxecto é difícil facelo chegar á xente e que se coñeza, daquela para min o audiovisual era prioritario para incidir nesa faceta. E creo que o conseguimos: máis de 140 concertos en tres anos e pico e actuacións por toda Galicia, Portugal, Italia...

?«Ironía e retranca conectada coa realidade», sinálase nalgunha das referencias.

?Así é. A sorna, a vitalidade, a música divertida, a reviravolta son os nosos sinais de identidade. E de aí nacen tamén os nosos personaxes. Somos unha versión naif da realidade, uns apaixoados dos tempos das bandas de música e dos grupos de moda.