Acisclo Manzano e Manuel Buciños levan o Premio Otero Pedrayo 2017

La Voz OURENSE / LA VOZ

OURENSE

cedida

O xurado acordou, por unanimidade, recoñecer aos creadores do grupo de «Os artistiñas»

09 jun 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Acisclo Manzano e Manuel Buciños, os dous creadores que manteñen vivo o legado dos que Vicente Risco definiu como Os artístiñas, serán galardoados co Premio Otero Pedrayo. O galardón, que conceden as catro deputacións e a Xunta, ten como obxectivo recoñecer o traballo e a traxectoria das persoas comprometidas coa cultura galega. O xurado reuniuse onte na Deputación de Ourense, baixo a presidencia do secretario xeral de Cultura da Xunta, Anxo Lorenzo, e a decisión foi adoptada por unanidamidade. O galardón está dotado con 16.000 euros. Na decisión do xurado saliéntase o feito de que se trata de «dous artistas que honraron á Xeración Nós e cuxas obras son recoñecidas nacional e internacionalmente, e que por medio de Risco e Otero integraron os artistas ourensáns dos anos 50».