A provincia segue hoxe con actos en homenaxe a Carlos Casares

La Voz

OURENSE

Haberá concertos, teatro e conferencias

19 may 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

As Letras aínda deixan varias propostas de ocio espalladas pola provincia para este venres de maio.

o barco

Teatro do Morcego

Hoxe • 21.00 horas • Teatro Lauro Olmo • A obra de Castelao «Os vellos non deben de namorarse» chega ao teatro do Barco da man de Teatro do Morcego. As entradas custan 5 euros.

A Rúa

Actúa Magín Blanco

Hoxe • 12.00 horas • Biblioteca municipal • Magín Blanco chega á biblioteca ruesa para presentar o espectáculo «Letras e notas».

o carballiño

Obradoiros

Hoxe • 12.00 horas • Biblioteca municipal • Desenvolveranse os obradoiros «Descubrindo a Carlos Casares”, con actividades de marcapáxinas, contacontos e lectura compartida da obra «A Galiña Azul». Están dirixidos a persoas con discapacidade intelectual.

barbadás

Poesía con Yolanda Castaño na Valenzá

Hoxe • 12.00 horas • Casa da Cultura Manuel María • Yolanda Castaño presentará un espectáculo poético multimedia para os alumnos do IES Ferro Couselo. A poetisa faraos dialogar coa linguaxe audiovisual e utilizando as novas tecnoloxías.

a pobra de trives

Xincana infantil

Hoxe • 16.30 horas • Praza do Pilón • O acto de peche das Letras comezará cun contacontos. Despois, os máis pequenos poderán facer manualidades, mentres que os nados nos anos 2009 e 2010 gozarán dunha xincana na praza sobre a figura de Carlos Casares. Para os nacidos entre 2004 e 2008 a xincana será polas rúas da vila.