Carlos Blanco ofrece dúas sesións cos seus monólogos

La Voz

OURENSE

O Teatro Principal de Ourense acolle a súa nova proposta escénica

04 mar 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • 20.00 e 22.30 horas • Teatro Principal • De 8 a 15 euros • Carlos Blanco é toda unha institución no mundo da escena galega. Trinta anos de carreira dan para moito e o vilagarcián ten participado nun bo número de proxectos teatrais, programas de televisión, series, películas, curtamextraxes e outras iniciativas. Os seus monólogos son sinónimo de éxito e algúns seguen a percorrer as redes sociais provocando gargalladas con cada novo visionado. O actor e monologuista decidiu revisar algunhas das súas máis coñecidas pezas para crear un novo espectáculo no que se pde disfrutar dunha selección do mellor dos seus monólogos. Ao Teatro Principal chega hoxe Carlos Blanco co seu novo espectáculo para facer disfrutar e rir aos espectadores ourensáns.