Por unha mocidade saudable en Vilardevós

La Voz

OURENSE

cedida

A Consellería de Sanidade organiza unha actividade para fomentar a boa alimentación

26 ene 2017 . Actualizado a las 19:33 h.

A Consellería de Sanidade desenvolve nos centros educativos da provincia a actividade «Por unha mocidade saudable» co fin de lograr concienciar ao alumnado da importancia dunha alimentación saudable, ao tempo que se lle ensina a coñecer e combinar os nutrientes que deben inxerir cada día. Preto de 3.000 alumnos de 32 colexios da provincia, dos ciclos de Educación Infantil e Primaria, participarán neste programa que se prolongará ata o mes de maio. A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, acompañada pola xefa territorial de Sanidade, María Villar, acudiu onte ao CEIP Rodolfo Núñez de Vilardevós que acollía esta actividade e animou aos escolares que participaron nela a levar hábitos de vida axeitados, especialmente no referente á alimentación, na procura de axudar a xerar costumes e actitudes saudables que contribúan ao seu crecemento.