Cristina Pato, de xira por Estados Unidos

La Voz

OURENSE

Miguel Villar

A gaiteira ourensá comeza mañá en Massachusetts a xira con Yo-Yo Ma e Silk Road Ensemble

06 ago 2016 . Actualizado a las 15:55 h.

A gaiteira ourensá Cristina Pato non para. Logo de impatir un curso de verán na prestixiosa Universidade de Harvard, mañá día 7 de agosto comeza unha xira con Yo-Yo Ma e the Silk Road Ensemble por dez cidades americanas que se extenderá ata o 21 dese mes. Ademais, continúa coas presentacións por todo o mundo do documental The Music of Strangers, do que é coprotagonista, que está a colleitar excelentes críticas.

Yo-Yo Ma e o Silk Road Ensemble, a banda á que pertence Cristina Pato, inicia unha xira de verán por dez cidades dos Estados Unidos, de este a Oeste e que rematará o 27 de agosto en  Los Angeles (California) ata o 27 de agosto. 

Silk Road Ensemble estreou o pasado abril o seu novo disco «Sing Me Home», que colleitou excelentes críticas tanto na prensa especializada como na xeneralista. Inclúe un tema galego: «Cabaliño», unha fermosa canción tradicional galega que foi gravada xunto cos músicos galegos e membros do «Rústica» Davide Salvado, Anxo Pintos e Roberto Comesaña.