Pelmànec leva o premio do público da MIT con «Don Juan»

Xosé Manuel Rodríguez OURENSE

OURENSE

Santi M. Amil

«A Gaivota» e «Eroski-Paraíso», entre as obras máis votadas

26 jul 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

A montaxe Don Juan, do grupo catalán Pelmànec, logrou o Premio Rubén García da MIT de Ribadavia. As votacións do galardón que concede o público que asiste ás representacións do auditorio do castelo diron como resultado que a montaxe de Miquel Gallardo ?unha versión sobre o mito de Don Juan feita a base de monicreques de tamaño humano? foi a que máis aceptación tivo entre o público da MIT.

En base ao resultado das votacións tamén se comprobou que a versión de A Gaivota, de Chéjov, feita polo grupo OKT de Lituania quedou de segunda nas preferencias dos espectadores da Mostra, con pouca diferenza con respecto a Don Juan, e que os galegos de Chévere ocuparon o teceiro posto co seu Eroski-Paraíso.

Segundo se señalou onte dende a organización da MIT, que se clausuraba na madrugada do luns, ningún dos espectáculos da Mostra 2016 baixou dunha nota de 3,5 ?sobre 5 puntos? e esta circunstancia «evidencia obxectivamente a alta satisfacción dos espectadores coas pezas que ocuparon o programa trazado para esta edición». Entre os aspectos destacados pola dirección da MIT á hora de facer balance desta edición, están o agradecemento ao equipo de voluntarios pola súa entrega e polos «coidados para atender a máis de 10.000 visitantes que durante dez días recibe Ribadavia para asistir ás pezas presentadas no castelo e no resto dos espazos» e do equipo técnico da Mostra. Entre os aspectos nos que se incide na valoración do director da MIT destacan a calidade das montaxes, a aposta por incidir en aspectos como a violencia de xénero ou a memoria, o apoio ás novas compañías ou a celebración dos trinta anos de Matarile Teatro.

Ausencia da Xunta

A Mostra manifestou o descontento pola ausencia do presidente da Xunta e do conselleiro de Cultura no acto inaugural.