«As Letras Galegas servirán para incidir en aspectos pouco estudados»

OURENSE

12 jul 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Xavier Casares sempre se moveu con cuatela e sen presa en relación a unha hipotética elección do seu irmán para protagonizar o 17 de Maio. Nas campañas que foron xermolando dende que se cumpriron os dez anos do pasamento, mínimo que marca a RAG, sempre escolleu o segundo plano e unha mensaxe clara: «Non hai presa».

?¿Agardaba que desta volta a Academia se posicionase así?

?Estabamos á espera do que acontecese e había outras opcións, algunha coa dimensión e a traxectoria dunha figura como a de Carballo Calero. Finalmente a Academia decidiu que Carlos Casares fose o protagonista das Letras Galegas 2017 e para nós, como non pode ser doutro xeito, é unha gran alegría.

?¿A fundación está en condicións de pór o seu legado a disposición dos investigadores?

?Toda a documentación e o seu legado está catalogado e inventariado. Iso servirá para que se poda afondar e coñecer mellor moitas das facetas nas que se distinguiu ao longo da súa vida, dende a de escritor a activista cultural e dende a súa faceta no Pen ou no Consello da Cultura Galega á de responsable de Galaxia ou director da revista Grial.

?¿Contribuirán as Letras a divulgar a un Casares descoñecido?

?As Letras Galegas servirán para incidir en aspectos pouco estudados da vida e da obra de Carlos Casares. A celebración incide sempre en aportar novas visións sobre as figuras homenaxeadas e no caso do meu irmán creo que se van rexistrar iniciativas interesantes nese senso.

?¿Tamén no compromiso político?

?Por exemplo. El foi diputado autonómico, accedeu ao Parlamento Galego como independente polo PSOE, e entre outras iniciativas tivo un importante protagonismo la Lei de Política Lingüística.

?¿Un deses aspectos será a súa correspondencia?

?Si. Mantivo unha relación epistolar con figuras da política e da cultura e iso debería ser obxecto dun estudo especial.

?¿E os encontros?

?Tamén, loxicamente. Foi promotor dos cursos literarios do Liceo e dos encontros de Mondariz e Mariñán e por aí pasaron as figuras máis salientables da cultura de todo o Estado.