Rodaxe no mesmo bar de Monterroso onde pararon os protagonistas da historia

La Voz

OURENSE

14 jun 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Simone Saibene comezou a traballar no seu novo proxecto no 2014 e foille dando forma ata decantarse polo actual formato. Nas iniciativas previas á rodaxe fixo varias etapas a pé do trazado percorrido no seu día polos protagonistas, localizou os exteriores da rodaxe xunto a Jairo Iglesias -director de fotografía- e mantivo moitas reunións de traballo con xente que podía aportar ideas ou visións sobre a proposta, entre eles Santiago Lamas. De feito Lamas é un dos autores do ensaio que, tomando como partida o libro de Otero Pedrayo, foi gañador do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2015.

 

Distribución «ao Lumière»

A rodaxe en exteriores desenvolveuse en xullo do pasado ano, case que nas mesmas datas nas que os intelectuais cubriron o camiño, e as entrevistas graváronse entre os meses de novembro e decembro. Entre as anécdotas da gravación lembra Saibene a desenvolvida no que en tempos foi o Hostal Palas de Monterroso-actualmente café García-: «Rodamos no mesmo bar onde estiveron eles, hai unha placa que lembra cando comeron alí e a ?Oda ao xamón? que fixo naquel xantar Otero Pedrayo. E foi unha odisea: só podíamos ir un domingo pola mañá, que era cando pechaban. Estabamos gravando en Ortigueira e tivemos que ir á presa para alá para poder rodar».

Saibene vai apostar por unha «distribución ao estilo Lumière, levando a película e proxectandoa en espazos públicos» e xa ten concertados preto de trinta pases en Galicia.