La Miteu dará voz aos refuxiados e aos colectivos que padecen conflictos

A Mostra ofrecerá 34 espectáculos e dará protagonismo a Shakespeare e Cervantes


A Miteu 2016 celebrarase do 15 ao 30 de abril e a Mostra de Teatro Universitario de Ourense manterá os seus sinais de identidade: aposta por incluir o máis amplo abano de artes escénicas, compromiso cos colectivos en crise ou con problemas, formación, encontros e un aceno ás citas actuais. Daquela, o festival deste ano ofrecerá en total trinta e catro espectáculos, dará un especial protagonismo ás «voces acaladas» -as que representan aos colectivos de migrantes e refuxiados ou os espazos en conflito- e contará con montaxes que lembrarán a dous dos escritores con maior protagonismo do ano polas celebracións vencelladas ás efemérides da súa vida: Shakespeare e Cervantes.

O programa da mostra foi presentado no Principal nun acto no que participaron o director da mesma, Fernando Dacosta, e os representantes das institucións que apoian o proxecto: Concello de Ourense, Deputación, Consellería de Cultura e Universidade de Vigo.

Dacosta salientou que a vixésimo primeira edición da Miteu ofrecerá vintesete espectáculos teatrais -«entre eles un de teatro documental»-, tres concertos, dúas montaxes de danza, unha proposta co tango como protagonista e no apartado de formación haberá un curso impartido por un grupo arxentino e unha cita centrada na demostración do proceso de aprendizaxe desenvolvido ao longo dos anos por Carolina Pizarro. No apartado expositivo contarase coa mostra Onde está Palestina?, de Alba Vázquez Carpentier.

Ata Ourense viaxarán compañías de oito países para participar na Miteu 2016, cun especial protagonismo de Portugal e a lusofonía, e haberá doce espectáculos galegos.

Ver teatro e tomar un viño

Entre as montaxes que se poderán ver na cidade están as propostas escénicas de compañías profesionais ou invitadas como Yllana, Fraser Hooper, Triskel Artes Escénicas / Odin Teatret ou D?Orfeu AC / Cão á Chuvia. No certame contarase, entre outras montaxes, con

Oh Vino!

, propuesta de la compaña La Líquida (Andalucía) que inclúe á representación ao mesmo tempo que os espectadores toman un viño -por cortesía da D. O. Ribeiro-.

Na presentación da Miteu 2016 o alcalde ourensá, Jesús Vázquez, salientou o esforzo desenvolvido nestes anos e o prestixio acadado polo festival, ademais de reivindicar a Ourense como «a capital do teatro galego». Pola súa banda Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, definiu a mostra como «un escaparate escénico de primeira orde, tamén en canto a autores, directores e intérpretes» e salientou o feito de terse convertido nun factor de intervención social «e cultural de relevancia en Ourense, unha cidade entregada á cultura en todas as súas dimensións». O vicerrector do Campus, Virxilio Rodríguez, incidiu na aposta da universidade pola Miteu e pola formación escénica -con varios grupos en funcionamento dende hai anos- e Manuel Doval, deputado provincial de Cultura, reivindicou a importancia do teatro no ciclo vital das persoas.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

La Miteu dará voz aos refuxiados e aos colectivos que padecen conflictos