Ourense reivindícase nas mostras da Cidade da Cultura de Galicia 

OURENSE

XOÁN A. SOLER

O sector téxtil ten o seu protagonismo en «Con-fio» e a exposición de José Suárez pecha hoxe

27 mar 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Ata o 11 de setembro e hoxe?(xornada de clausura da mostra de Suárez)  ??Martes a domingos, de 10.00 a 20.00 horas???Gratis ? Na Cidade da Cultura abría o pasado día 11 a exposición «Con-fío en Galicia», un proxecto comisariado por Miguel Anxo Seixas Seoane que fai un percorrido pola historia da moda en Galicia. Seixas seleccionou trescentas pezas ?dende vestiario a libros de contas históricos ou unha das máquinas de coser da empresa viguesa Refrey? para ofrecer «un percorrido por un sector estratéxico, constituído por 300 empresas que dan emprego a unhas 13.000 persoas e que representan o 6,5 % da riqueza da comunidade», segundo se sinala no folleto da exposición. Entre outros materiais figuran aportacións ourensáns como creacións de Adolfo Domíguez, Roberto Verino ou Bimba y Lola e imaxes da histórica campaña de Luis Carballo para Dominguez coa frase de 1979 que pasa por ser «o slogan máis popular da moda dos ointenta en España», a famosa «La arruga es bella». Tamén hai fotografías de Eloy Lozano, entre outros artistas galegos que se implicaron co sector, e a colección das revistas que espallaron a creatividade e a reivindicación do téxtil autóctono: a publicación «Galicia Moda». 

Último día con Suárez

A Cidade da Cultura ofrece hoxe a derradeira oportunidade de disfrutar no Gaiás da mostra «José Suárez. Uns ollos vivos que pensan». O traballo do alaricano viaxará logo a Bos Aires.