«Quixen reflexar o mérito da supervivencia destes colectivos»

Fina Ulloa
Fina Ulloa OURENSE / LA VOZ

OURENSE

Miguel Villar

A Academia Médico Quirúrgica rende homenaxe ós seus fundadores con unha exposición de caricaturas

16 mar 2016 . Actualizado a las 20:51 h.

O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolle dende hoxe ata o día 27 de marzo a exposición «150 años de caricaturas médicas en España». A colección, recopilada pola Real Academia Nacional de Medicina recolle o traballo de algunhas das plumas máis célebres -Fresno, Cortiguera, Cerra, López-Motos, ou Vitín, entre outros- que no seu momento reflectiron co toque de humor e crítica que esixe o xénero caricaturesco a súa visión de célebres médicos da historia española, como Severo Ochoa, Gregorio Marañón, Pio Baroja, Ramón y Cajal ou mesmo Daniel Alfonso Rodríguez Castelao, García Sabell, Gil Casares ou Roberto Novoa Santos. A mostra chega a Ourense da man da Academia Médico Quirúrgica, que encargou ó artista ourensán Xosé Lois Carreira una caricatura grupal dos fundadores desta entidade que comezou a andar no ano 1960, co obxectivo de sumala á exposición nacional para renderlle homenaxe.

-¿Como foi a experiencia?

-Para min foi un reencontro coa caricatura despois de moitos anos, dende que deixei a viñeta diaria en La Voz. Aínda que sigo a traballar o retrato, tanto en pintura como en escultura, e sempre che permite tamén xogar cos rasgos e as faccións e a expresividade, aínda que sen perder o que é o estudio de parecido. Digamos que non me pillou desentrenado e desfrutei.

-Algúns protagonistas hai anos que faleceron ¿custoulle atopar material que lle servise de modelo?

-Facilitáronme moito material dende a propia organización, pero o certo é que moitas eran fotografías moi antigas, incluso algunha en branco e negro, de actos sociais nas que as veces os rasgos estaban pouco definidos. Outro dos hándicaps foi que algún estaba na fotografía de moi novo e ter que te imaxinar cómo envellecerían eses rasgos porque sabía que seguira exercendo hasta maior, foi un pouco complexo. Pero ó final foi saíndo e resultou un traballo interesante que espero que lles guste e que lle faga gracia a composición.

-¿Por que se lle ocorreu poñelos fronte a un corpo con un pitillo na boca?

-Foi un pouco un guiño humorístico. Hai un deles que ten incluso un mecheiro na mán para darlle lume. É o único forense do grupo e como os forenses son os encargados das certificacións da morte, neste caso quixen reflexar que aínda lle queda vida ó corpo que representa a Academia Médico Quirúgica que eles crearon hay xa máis de medio século. Quería que fose unha metáfora sobre o mérito que teñen este tipo de colectivos manténdose con vida e avanzando a pesares do paso do tempo, e a pesares das asignaturas pendentes.

-¿A cales se refire?

-A que non hai ningunha muller. Foi algo que me chamou a atención. Eran outros tempos, é certo, pero penso que no ámbeto da sanidade hai pendente un recoñecemento a moitas mulleres profesionais deste campo que foron incluso pioneiras. Ourense, especialmente a comarca da Limia, pero tamén toda Galicia, ten por exemplo unha asignatura pendente con Olimpia Valencia, nativa do Concello de Baltar, que foi a primeira muller que se licenciou en medicina e despois se especializou en xinecoloxía.