O Fito incorpora teatro de Bolivia e Suiza á súa oferta

La Voz

OURENSE

O festival contará coa presenza de 18 compañías, haberá tres estreas absolutas e o primeiro encontro Mulleres Creando

30 sep 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

O Fito 2015 ofrecerá este ano trinta espectáculos e contará coa presenza de dezaoito compañías. Un apartado, o das representacións, que se completará cun ampla oferta de actividades paralelas no que se inclúen propostas como o primeiro encontro Mulleres Creando. Será entre os días 10 e 12 de outubro e reunirá na cidade -celebrarase no Auditorio de Ourense- a actrices, directoras, dramaturgas, xornalistas, escritoras, poetas e outras creadoras para debatir sobre aspectos como os festivais en España e Francia, a dramaturxia femenina, a creación e a dirección en Galicia ou a tiranía «do perfil» para ser actriz.

O programa do Festival Internacional de Teatro de Ourense, que se celebrará entre os días 2 e 12 de outubro e contará cun presupuesto de 96.000 euros, foi presentado onte nun acto no que participaron a directora do Fito, Ánxeles Cuñas, o alcalde Jesús Vázquez, o director da Agadic, Jacobo Sutil, o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández e o vicerrector Virxilio Rodríguez. A concelleira de Cultura, Belén Iglesias, e a directora do Principal, Olga Mojón tamén estiveron no acto.

Cuña Bóveda salientou a presenza de seis compañías internacionales e grupos de recoñecido prestixio con premios nos grandes certames escénicos. Entre outros salientou propostas como a de La Veronal -que estará o día 2 con Islandia- o a da compañía Frida Kahlo, que pechará o Fito coa multipremiada La Merda. No certame haberá presenza por vez primeira do teatro de Bolivia e Suiza -Teatro de los Andes e L? Alakran amosarán o que se está a facer nestes países- e mantense a aposta pola lusofonía.

A oferta do festival neste 2015 inclúe a presenza de sete compañías galegas e tres delas estrearán no certame. Os ourensáns de Trécola Teatro dará a coñecer a súa proposta escénica ExquiFITO, Lecucús Teatro -novo grupo profesional orixinario de Lugo- A órbita do lucecú e Matarile El cuello de la jirafa.

Curso e actividades paralelas

Este ano haberá un obradoiro a cargo de Marco Canale e citas referidas ao sector escénico, a crítica e á dramaturxia galega.