A Miteu inclúe vintesete montaxes e grupos de catro continentes

La Voz OURENSE

OURENSE

Dacosta, Virxilio Rodríguez, Olga Mojón, Anxo Lorenzo e Ana Garrido na presentación da mostra.
Dacosta, Virxilio Rodríguez, Olga Mojón, Anxo Lorenzo e Ana Garrido na presentación da mostra. m. villar< / span>

O festival celebrarase do 16 ao 30 de abril e haberá un curso con Leo Bassi

27 mar 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

A Miteu 2015 está á porta. Como sempre loitando cos problemas de visado que soen aparecer nos desprazamentos internacionais dos grupos e sen regatear esforzos, ilusións e a total implicación do seu director, Fernando Dacosta, e os seus compañeiros de Sarabela. O programa deste ano ofrecerá 27 espectáculos escénicos, a cargo de grupos de teatro chegados de catro continentes, exposicións -unha delas sobre os vinte anos de historia do certame- e propostas formativas -dende unha clase maxistral con Leo Bassi á posibilidade de compartir a experiencia co grupo que chega de Irán-. Entre as 35 actividades figura unha nova proposta en colaboración con Médicos sen Fronteiras e un premio para os Perqtores de Seixalbo.

Na presentación da Miteu participaron Fernado Dacosta, Virxilio Rodríguez (Universidade), Olga Mojón (Deputación), Anxo Lorenzo (Consellería de Cultura) e Ana Garrido (Concello de Ourense). Virxilio Rodríguez e Ana Garrido incidiron na traxectoria e o compromiso que leva amosado nestes anos a Miteu e Anxo Lorenzo salientou o feito de contar cun certame «que é un referente para toda Galicia e que incide nun sector de público moi importante, porque son os futuros espectadores e creadores culturales», ademais de incidir no valor engadido que supón o intercambio entre grupos de todo o Estado e de países como Cabo Verde, Brasil, Portugal, Irán, Bélxica, Honduras, Estados Unidos ou Italia.

Estrea de Bassi

Fernado Dacosta salientou o feito de que a Miteu 2015 ofrecerá todo tipo de xéneros, de microteatro a danza, e destacou feitos como a estrea de Leo Bassi -en

La gran misa patólica

adapta para a escena un

misa

bufonesca da Igrexa Patólica-, a participación de grupos como Yllana ou a revisión que fan do Lazarillo os actores de Honduras, pasando pola mostra de imaxes do fotógrafo Manu Bravo.