Eli Ríos gaña o Pura e Dora Vázquez cunha obra de amizade de nenos e animais

X. M. R. / LA VOZ

OURENSE

23 ene 2015 . Actualizado a las 19:03 h.

Unha obra da escritora coruñesa Eli Ríos (Londres, 1967) foi elexida como a gañadora do Premio Pura e Dora Vázquez de Literatura Infantil e Xuvenil. Á convocatoria da Deputación de Ourense concurriron oito orixinais, destacando o xurado a calidade das obras presentadas, e elexiu «Bicha» polo «atractivo dos personaxes para o lector e a importancia do relato da amizade entre nenos e animais», segundo se recolle na acta da xuntanza. Outra das características salientadas polo xurado é o feito de que o orixinal «axéitase perfectamente para ser ilustrado, dentro do espíritu do premio». Os encargados de conceder a distinción foron o deputado provincial de Cultura, Avelino García Ferradal, xunto con José Manuel Fernández López, María Rosa González Méndez, Stella Estrada Mosquera e Xosé Manuel Cid Fernández, que actuaron como vogais. Exerceu de secretaria Ana María Malingre.

Filla de emigrantes, Eli Ríos naceu en Londres pero trasladouse de cativa a vivir a Orde, onde pasa a súa infancia. Ten acadado importantes premios de poesía e narrativa.

Logo do fallo do apartado literario, a Deputación ourensá sacará a concurso a ilustración do orixinal.